HomesociedadeComeza a matriculación na Escola de Música de Sarria

Comeza a matriculación na Escola de Música de Sarria

O concello vén de publicar as bases que rexerán o proceso de matriculación na Escola Municipal de Música para o curso 2021/2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As solicitudes das persoas interesadas presentaranse de forma presencial nas instalacións da Escola de Música de Sarria, sita na rúa Pedro Saco en horario de 10:00 a 14:00 horas e nos prazos seguintes:

Alumnado da Escola con reserva de praza (matrícula de continuidade): do 1 ao 9 de xullo, ambos inclusive.

Alumnado matriculado durante todo o curso anterior á presente convocatoria en música e movemento que solicitan instrumento por primeira vez (matrícula preferente): do 12 ao 16 de xullo, ambos inclusive. Será requisito imprescindible que o ano de nacemento do alumno ou alumna sexa o ano 2015 ou anterior.

Alumnado de novo ingreso (nova matrícula): do 19 de ao 23 de xullo, ambos inclusive.

A información completa e ao detalle na páxina web do Concello de Sarria ou chamando aos números de teléfono 982 533743 (Esmusa) e 982 535000 (Concello).

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...