IniciosociedadeGalicia celebra en Taboada o Día do cooperativismo

Galicia celebra en Taboada o Día do cooperativismo

A Consellería de Emprego e Igualdade entregará este sábado, 3 de xullo, na cooperativa Aira, de Taboada, os Premios ao Cooperativismo 2021 ás cooperativas Catroventos Editora, Cenlitrosmetrocadrado e Productores do Campo Capela .

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O cooperativismo e os seus valores, como a solidariedade, o reparto de beneficios e o modelo sostible serán recoñecidos este sábado, 3 de xullo, na celebración do Día Internacional do Cooperativismo en Taboada, onde se entregarán a partir das 12.00 horas do mediodía os Premios ao Cooperativismo 2021 da man da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, nunha celebración que neste ano leva por lema Reconstruír, mellor xuntos.

A gala terá lugar na cooperativa Aira e serán recoñecidas as cooperativas Catroventos Editora, de Vigo, galardoada co premio aos valores cooperativos; o estudo Cenlitrosmetrocadrado, de Ames (A Coruña), que recibirá o premio a mellor proxecto cooperativo novo e Productores del Campo Capela, de A Capela (A Coruña), que obtén o premio á traxectoria cooperativa. 

No mesmo acto faránse entrega, tamén, dos premios a Proxectos Empresariais Cooperativos do Certame Cooperativismo no Ensino na modalidade de centros de Formación Profesional e ensinanzas de réxime especial, cuxos gañadores foron, no caso do primeiro premio, o instituto público Manuel Antonio, de Vigo, e, no caso do accésit, a Sociedade Cooperativa Mendiño, tamén da cidade olívica.

Este evento gozará das actuacións musicais de Davide Salgado, acompañado por Fransy González e Cibrán e do humor, que virá da man da actriz Laura Villaverde, que interpretará ao personaxe Chola, unha youtuber e blogueira rural imaxinada pola compañía Artesacía. Esta celebración estará conducida pola xornalista limiá Patricia Santana, que dende o 2018 é co-presentadora do programa Luar xunto a Xosé Ramón Gayoso. O acto poderá seguirse en directo mediante a ligazón https://youtu.be/F7tB7871qAY

A Xunta quere recoñecer deste xeito a labor diaria do cooperativismo galego e o seu esforzo nestes tempos de pandemia, no cal as cooperativas aportan un novo modelo de entender a empresa e a súa relación coa contorna social 

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...