HomesociedadeConcurso de Tapas en Quiroga como prólogo á Feira do Viño

Concurso de Tapas en Quiroga como prólogo á Feira do Viño

Quiroga prepárase neste mes de xullo para a exaltación dun dos seus produtos típicos coa celebración da XXXIX Feira do Viño. Como antesala deste festexo, por noveno ano, celebrarase o Concurso de Tapas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O domingo día 11 darase o pistoletazo de saída dun concurso no que competirán nove establecementos hostaleiros da vila para alzarse co premio á mellor tapa. Acadar este premio conlevará facerse cun diploma acreditativo e un premio en metálico de 100 €.

As bases do concurso mantéñense como en anos anteriores, polo que serán os propios consumidores das tapas do concurso os que decidan coa súa votación cal é a tapa gañadora. Para elo terán que votar nun tapacartón que levará o selo de todos os establecementos que concursan e que se poñerá cada vez que o cliente deguste a tapa concursante. 

No tapacartón tamén terá que poñerse o nome da tapa que se elixe como gañadora e os datos da persoa participante posto que se depositará nunha urna para un posterior sorteo. Todos os concursantes, cos tapacartóns debidamente cubertos, entrarán no sorteo de moitos premios que van dende os 300 € en metálico ata cestas con produtos típicos da zona, pasando por comidas ou ceas para dúas persoas en distintos establecementos locais e da Ribeira Sacra, a estancia nunha hospedería ou un paseo a cabalo.

Como novidade deste concurso que se desenvolverá ata o día 23 de xullo, os tapacartóns levan un código QR que serve para identificar os establecementos participantes, a súa localización e a tapa coa que concursan

Os horarios de degustación das tapas serán pola mediodía de 12:00 H.  a 14:30 H. e polas tardes dende as 19:00  H. ata as 22:30 H. Neste amplo horario os establecementos comprométense a ter a disposición do público a tapa concursante, que mantén o seu prezo a 1’50 €, de non ser así, os consumidores terán dereito a que lle selen igualmente o tapacartón.

ÚLTIMAS

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...

Carmela López, nova presidenta da Deputación de Lugo: “Asumo esta presidencia desde a igualdade”

A deputada provincial e alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, foi elixida presidenta da...