HomesociedadeA Ribeira Sacra conta cunha aplicación de incidencias para mellorar a experiencia...

A Ribeira Sacra conta cunha aplicación de incidencias para mellorar a experiencia do turista

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra desenvolveu, en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, unha aplicación de incidencias co obxectivo de mellorar a accesibilidade e goce dos diferentes atractivos turísticos do xeodestino, e ofrecer un servizo de acollida ao visitante.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta nova ferramenta, que xa está dispoñible na web turismo.ribeirasacra. org, vai permitir mellorar e actualizar a información sobre os variados recursos turísticos dispoñibles e, especialmente, sobre o estado dos mesmos. Calquera visitante pode dar a coñecer as condicións de accesibilidade e mantemento dos puntos de interese, a través dun sistema con xeolocalización automática no que, ademais dunha descrición, poderá engadir unha fotografía para acompañar o comentario que queira trasladar.

Incidencias como a falta de sinalización nalgún punto dun roteiro de sendeirismo, o mal estado do acceso a un mosteiro ou a acumulación de lixo na contorna dun miradoiro, serán notificados de maneira inmediata ao Consorcio de Turismo que se encargará de poñer en coñecemento, á súa vez, ao responsable da xestión do recurso sobre o que se fai a crítica. Iníciase así un proceso de seguimento, do que se manterá informado o usuario, e co que se pretende que a incidencia quede emendada canto antes para que a imaxe do destino non quede “danada” para o visitante que o traslada e evitar que aconteza o mesmos con futuros visitantes.

“Dependendo do tipo de anomalía, poderá resolverse en cuestión de horas, días, semanas ou meses,” sinalan desde o Consorcio. A aplicación permite identificar o recurso no que se sitúa o visitante de tres formas: xeolocalización automática do punto onde se atopa co seu terminal, localización do recurso sobre un mapa ou a utilización dun buscador introducindo o nome do lugar ou do recurso. Así mesmo, este rexistro fai partícipe ao turista na xestión sostible e eficiente da Ribeira Sacra, mediante a súa colaboración e compromiso, xa que ademais de reportar incidencias, esta ferramenta permite recoller valoracións, suxerencias, opinións ou as impresións xerais sobre o destino a nivel global.

Desde o Consorcio aseguran que, “Recibir este tipo de comunicacións de maneira permanente constitúen, sen dúbida, materia prima de gran importancia para mellorar na xestión do destino” O acceso á aplicación pode facerse desde a portada da páxina web de Turismo Ribeira Sacra ou desde a ficha de cada recurso.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao fala de “agravio comparativo” entre concellos na estrada provincial de Currelos a Monforte

A A.V. do Saviñao demanda á Deputación Provincial a mellora de dúas estradas en...

Esperta Monforte solicita a creación dunha Unidade de Atención Temperá Municipal

Desde Esperta Monforte lembran as subvencións que concede a Xunta para este tipo de...

DeNinghures e Mondra no escenario Chantada do Festival 17º Ribeira Sacra este 28 de xullo

Os concertos do Escenario Chantada levaranse a cabo no Parque Eloísa Rivadulla, “en Chantada...

Xosé Estévez presenta o 24 de xullo en Quiroga o seu novo libro “Manuel María e o Val de Quiroga”

O historiador e profesor quirogués, Xosé Estévez, presentará o vindeiro mércores, 24 de xullo,...