HomesociedadeComezan as obras de dúas estradas provinciais que unen Sarria e Samos

Comezan as obras de dúas estradas provinciais que unen Sarria e Samos

A Deputación de Lugo iniciar os traballos de mellora de dúas estradas provinciais ao seu paso por Sarria. Trátase da LU-P-5602, que une Sarria con Samos por Pintín; e a LU-P-5702, de Pedrafita a Vilanova de San Vicente por Sabadelle, actuacións ás que a institución provincial destina un investimento de 200.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas dúas estradas son eixos fundamentais para as comunicacións da veciñanza da comarca. Os traballos consisten na reapertura de cunetas, pavimentación en quente e sinalización horizontal mediante marcas viarias brancas. 

Na  LU-P-5602, que pasa polas parroquias de Calvor, Aguiada e San Mamede do Camiño, mellora un treito de 2 quilómetros, dende o punto quilométrico 15,5 ata o 17,5. Estas actuacións engádense ás xa executadas con 173.000 euros entre os puntos 11,8 e 15,4. Coa realización destes traballos, beneficiaranse preto de 300 veciños da zona e peregrinos, posto que se atopa no Camiño Francés.

Na LU-P-5702, acondiciónanse os primeiros 2,6 quilómetros desta estrada que comunica os concellos de Sarria e Samos e conecta os núcleos rurais do Mato, Santo Estevo, San Vicente de Froián, Suñide e Teibilide.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€. arran

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...