HomesociedadeO 17º Festival Ribeira Sacra arrinca este venres cunha achega de 18.000...

O 17º Festival Ribeira Sacra arrinca este venres cunha achega de 18.000 euros da Deputación

A responsable de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación, Pilar García Porto, erixiu este evento "nun referente no panorama musical" e que atrae a "artistas de renome".

Publicado o

- Advertisement -

A quinta edición do 17º Festival Ribeira Sacra celebrarase do venres 16 ao domingo 18 de xullo e contará cunha achega económica de 18.000 euros por parte da Deputación de Lugo, que tamén porá a disposición o servizo de catamaráns polos canóns do Sil para celebrar concertos.

A responsable de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da institución provincial, Pilar García Porto, e o director do Festival, Carlos Montilla, presentaron este luns no Pazo de San Marcos a quinta edición desta cita musical, cultural e gastronómica que se estenderá por diferentes localizacións do sur da provincia.

García Porto erixiu a este evento en “un referente no panorama musical” e que atrae a “artistas de renome”. “Ademais, dinamiza a vida social e a actividade económica da provincia e, por tanto, no actual contexto de crise provocada pola pandemia, contribúe á recuperación dos sectores máis afectados polas restricións da covid“, incidiu.

OBRAS EN DÚAS ESTRADAS

Por outra banda, a Deputación lucense arrincou os traballos de mellora de dúas estradas provinciais ao seu paso por Sarria. En concreto, son a LU-P-5602, que une este municipio con Samos por Pintín; e a LU-P-5702, de Pedrafita a Vilanova de San Vicente por Sabadelle.

A institución provincial destina 200.000 euros en total para estes traballos que incidirán en dúas vías “fundamentais para as comunicacións dos veciños da comarca”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...