Homesociedade“Monforte de Lemos, Vía Sacra”, un documental para poñer en valor o...

“Monforte de Lemos, Vía Sacra”, un documental para poñer en valor o tecido empresarial do concello

O concello de Monforte coa produtora Xurdir e coa participación de diversas empresas monfortinas desenvolveron o documental “Monforte de Lemos, Vía Sacra” que se estreará o venres, 23 de xullo, na Praza da Compañía. O acto contará coa actuación de Rosa Cedrón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O documental recolle unha escolma de 22 proxectos empresariais monfortinos, que serán os protagonistas desta película, servindo de mostra representativa da actividade económica do Concello. 

Neste senso o rexedor municipal agradece a “a colaboración destas empresas que quixeron formar parte deste proxecto, e copatrocinar xunto co Concello, este documental. Nel, imos visibilizar o esforzo, o traballo e a ilusión  que os  empresarios e empresarias desta terra, adican no seu día a día”. 

Baixo o título de “Monforte de Lemos, Vía Sacra”, trátase dun documental en formato cine, co que, en verbas do Alcalde, “quixemos poñer en valor a actividade económica, a industria e o tecido empresarial de Monforte de Lemos, especialmente nun momento no que a incidencia da Covid segue a estar moi presente na nosa sociedade, e afectando de cheo ós nosos sectores produtivos”. 

A estrea deste documental terá lugar o venres 23 de xullo ás 20:30 horas na Praza da Compañía, e ademais da proxección do documental nunha pantalla xigante, contará coa actuación musical de Rosa Cedrón.

A entrada para asistir á este acto é gratuíta, pero será necesario confirmar asistencia ata as 15 horas do xoves 22 de xullo. Para confirmar a asistencia poderá facerse a través dos teléfonos 981 059 541, 636 695 846 ou a través do correo comunicacion@xurdir.com.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...