HomesociedadeTirolina e Karts a pedais para premiar as compras no comercio monfortino

Tirolina e Karts a pedais para premiar as compras no comercio monfortino

Do 19 de xullo ao 2 de agosto, o CCU de Monforte agasallará aos clientes que merquen nos seus establecementos asociados vales para gozar de viaxes en Karts a pedais e para subir á espectacular Tirolina que atravesa a explanada da Compañía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Es un adicto/a as emocións fortes? Gustaríache saber que sente o teu corpo suspendido a varios metros de altura?”, así presentan dende a xerencia do CCU de Monforte as actividades pensadas para premiar o consumo no comercio local asociado.

As propostas son, vivir a experiencia de gozar duns divertidos Karts a pedais, e subir na xa coñecida “Tirolina do CCU”,  que se instalará Praza Campo da Compañía e que este ano será dobre.

Karts a pedais. Foto: CCU Monforte

COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?

Sendo unha actividade organizada polo comercio asociado de Monforte coa finalidade de premiar aos seus clientes e dinamizar o comercio local, as entradas só se poden conseguir facendo unha compra mínima de 10 euros nalgún dos 155 establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte. Cada entrada só dá acceso gratis a unha actividade, Tirolina ou Karts.

Ademais de conseguir de forma directa as entradas, tamén se contempla a posibilidade de que os seguidores e as seguidoras dos perfís das redes sociais do CCU de Monforte –Instagram, Facebook e Twitter– poidan acceder a algunhas que puntualmente se poidan agasallar.

PROTOCOLO COVID-19

Seguindo as recomendacións sanitarias, será obrigatorio o uso de máscara e cumprir todas as instrucións que indiquen os membros da organización.

HORARIO

A Tirolina dobre e os Karts a pedais, estarán abertos ao público no seguinte horario:

-Mañás: de 10.00h a 13.00h

-Tardes/Noites: de 19.00h a 24.00h

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...