Homesociedade377.000 euros para a contratación de 25 perceptores da Risga en 4...

377.000 euros para a contratación de 25 perceptores da Risga en 4 concellos da zona sur

A Consellería de Emprego e Igualdade destina 377.700 euros para facilitar a contratación de 25 persoas perceptoras da Risga (renda de integración social de Galicia) que se encargarán de realizar obras ou servizos de interese xeral en catroconcellos da Zona Sur da provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na distribución das achegas aprobadas, Monforte de Lemos contará co apoio do Goberno galego para realizar 16 contratos, Chantada cinco e Sober e Taboada dous cada un.

A medida busca favorecer a inserción laboral destas persoas co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

No conxunto da provincia de Lugo, a Xunta destina preto de 900.000 euros (892.500 euros) a colaborar con 16 concellos para contratar a un total de 68 persoas perceptoras da Risga.

O importe da subvención que se concede ás entidades beneficiarias será o equivalente ao necesario para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, durante un período de nove meses.

A Xunta resolveu recentemente subvencións como as do programa Aprol Rural, que nas comarcas da Zona Sur de Lugo destina 302.900 euros para facilitar a contratación de 22 persoas desempregadas que levarán a cabo tarefas de prevención de incendios en 12 concellos; e os apoios por valor de 30.900 euros para cubrir dez postos de socorristas que vixían as zonas de baño de seisconcellos do sur lugués durante o verán.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...