HomesociedadeMonforte e Ribeira Sacra percorren en autobús España e Europa

Monforte e Ribeira Sacra percorren en autobús España e Europa

Grazas ao acordo de colaboración coa empresa monfortina Autocares Sánchez, Monforte e a Ribeira Sacra están xa sendo promocionados nas rutas de transporte de viaxeiros que esta empresa leva a cabo por España e por diferentes países de Europa

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Colocouse un chamativo deseño publicitario na parte traseira nos autobuses da empresa que inclúe imaxes dalgúns das localizacións máis relevantes do Concello, como son o Miradoiro do Duque, o Parador Nacional e Conxunto monumental de San Vicente, Nosa Señora da Antiga (o “Escorial Galego”), a Ponte Medieval ou o Museo de Arte Sacro das Nais Clarisas. 

“O lema desta campaña promocional é Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra. Ven a visitarnos…te esperamos!”, xa que o noso obxectivo é animar a todos aqueles que visualicen o deseño a que descubran e visiten a nosa cidade e o noso entorno, no que destaca a oferta paisaxística, cultural, gastronómica e monumental”, subliñou Tomé Roca. 

A rotulación dos autobuses levouse a cabo neste mes de xuño, e os vehículos comezaron a circular co deseño promocional durante este mes de xullo, e o seguirán facendo durante o mes de agosto e ata principios do mes de setembro deste ano 2021.

A imaxe promocional da Monforte está presente en dúas rutas internacionais de transporte regular de viaxeiros que cubre esta empresa de autocares monfortina. Dunha banda, a ruta Málaga, Granada, Madrid, Burgos, San Sebastián, París, Bruxelas e Dortmund (Alemaña), sendo Málaga e Dortmund as cidades de saída e chegada da ruta. E doutra, a que  transcorre dende Lisboa, Salamanca, Burgos, San Sebastián, Burdeos, Lyon e Zúrich (Suíza), tamén con saída e chegada en Lisboa e Zúrich.

“A frecuencia, en ambas rutas, é de 3 viaxes por semana, polo que a difusión publicitaria de Monforte e a Ribeira Sacra vai ser constante ó longo de todo o verán”, subliñou o rexedor municipal.

Esta campaña forma parte das accións promocionais que o Concello de Monforte desenvolve para dar a coñecer o atractivo turístico da cidade e da Ribeira Sacra. 

ÚLTIMAS

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará...

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais...

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...