HomesociedadeEntrega de vivenda de promoción pública en Pantón

Entrega de vivenda de promoción pública en Pantón

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou en réxime de alugueiro unha vivenda de promoción pública situada na rúa Alcalde Ramón Pardo Arias de Ferreira de Pantón. Trátase dun piso de case 83 metros cadrados con tres dormitorios e dispón de garaxe e rocho.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este xoves no acto de entrega das chaves, onde lembrou que as persoas interesadas en optar a futuras adxudicacións deberán estar inscritas no Rexistro Único de Demandantes, trámite que poden realizar en calquera momento tanto de xeito presencial como a través da sede electrónica da Xunta. Os listados de candidatos determínanse mediante un sorteo ante notario entre todas as persoas inscritas.

As vivendas son xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que se encarga de acometer as reparacións necesarias -de ser o caso- e realizar os chamamentos seguindo os listados de adxudicatarios de cada concello.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...