HomesociedadeA quinta edición de 17º Ribeira Sacra reforza a imaxe do territorio

A quinta edición de 17º Ribeira Sacra reforza a imaxe do territorio

A contorna local é o segredo de 17° Ribeira Sacra Festival. Unha cita para conectar coa música, co viño, coa gastronomía; todo enmarcado nunha terra candidata a Patrimonio da Humanidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desta edición puideron gozar aqueles que lograron facerse cun dos abonos necesarios -esgotados desde o pasado mes de xaneiro- para deleitarse cos sons de  The  Gift, Depedro, Silvana Estrada, The Excitements, Budiño & Novoa, Alberto & García, Bronquio, Ian Kay, Terrier, dani, Sofía Comas, Auto  Sacramental,  Ale e Rapariga dj.

Tres días nos que, puidemos gozar, grazas ao patrocinio de Cervezas Alhambra, da proposta gastronómica da Chef con Estrela Michelin Lucía Freitas. Os asistentes degustaron produtos próximos e de calidade mentres descubrían o perfecto equilibrio entre cociña moderna e tradicional. Patacas “rabudas”, hamburguesa de Galo Celta, bonito de Burela, cereixas e tomate… A oferta gastronómica do festival completouse ademais con dous  Showcooking Cervezas Alhambra da man de chefs galegos de referencia como Carlos J. González e Juan Crujeiras. Todo maridado cos espectaculares viños da rexión, que puideron gozarse en diversas catas enmarcadas dentro do festival.

Con todo iso, e cunha axenda de actividades complementarias irrechazable, a quinta edición de 17º Ribeira Sacra reforza notoriamente a imaxe do territorio. Ademais da aposta habitual do festival polo modelo sostible de economía circular, que impacta notablemente na contorna local -nos aspectos económico, social, e ambiental-, a organización implementou un protocolo de seguridade impecable. Un equipo de máis dun centenar de profesionais velaron polo cumprimento de todas as medidas, e o público respondeu cun comportamento exemplar. Con traballo, a cultura é segura. E así quedou demostrado por segundo ano consecutivo. 
 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...