HomesociedadeXornada en Carballedo sobre sostibilidade, ecofeminismo e mulleres rurais

Xornada en Carballedo sobre sostibilidade, ecofeminismo e mulleres rurais

Este sábado, día 31 de xullo, celebrarase en Castro (Carballedo) unha xornada que abranguerá temas vencellados á sostibilidade e ás mulleres rurais, facendo especial énfase en como estas se relacionan co territorio que habitan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades, organizadas pola pedagoga, Ana Randolfe, coa colaboración da Asociación de Veciños O Bubaíño -Castro-, e financiadas polo GDR Miño-Ulla, comezarán ás 10h da mañá falando de Comercio Xusto coa ONG Solidariedade Internacional de Galicia; farase tamén unha cat de cacaos.

Ás 12h darase paso a un coloquio sobre Ecofeminismo, no que participarán mulleres como Rosa Arcos (ex-presidenta de FADEMUR Galicia) ou Beatriz Rodríguez Morales (Doutora Enxeñeira de Montes pola USC). Xa pola tarde, ás 16h, presentarán os seus proxectos representantes da Asociación As Espigadoras, da Asociación Pedagóxica Casa da Ponte e da Granxa Casa da Fonte. Rematará a xornada cun obradoiro guiado por dúas enxeñeiras agrícolas sobre a creación de bombas de biodiversidade seguindo a técnica Nendo Dando

Todas as actividades son gratuítas. No caso da primeira, de Comercio Xusto -que inclúe unha cata de cacaos-; e da última -o obradoiro-, cómpre inscribirse no link que se atopa nos carteis e no Facebook en: GDR Asociación Miño Ulla ou Aavv. O Bubaiño De Castro.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...