IniciosociedadeRibeira Sacra estrea servizo de lanzadeira en Santa Cristina

Ribeira Sacra estrea servizo de lanzadeira en Santa Cristina

Vense de presentar o servizo de traslado de visitantes ao Mosteiro de Santa Cristina, en Parada de Sil. Enmarcado no eixo estratéxico Transporte Público Sostible do Plan de Sostibilidade Turística na Ribeira Sacra 2020-2023, o servizo busca mellorar a mobilidade e reducir o impacto ambiental derivado da elevada afluencia de vehículos na contorna dos recursos, especialmente durante os meses de verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o Consorcio de Turismo, impulsor da iniciativa, levan moito tempo falando da necesidade e da urxencia de protexer os tesouros que converteron a Ribeira Sacra no que é hoxe. O territorio acumula dez anos cun crecemento ininterrompido do sector turístico. “Nada ten que ver o destino que coñecemos agora co territorio que comezaba a crear unha marca 15-20 anos atrás. Sabemos que o crecemento non pode ser a calquera prezo, pero tamén hai temores aos efectos que pode xerar o feito de poñer límites,” aseguran.

Agradeceuse a predisposición do Concello de Parada de Sil por ser o primeiro en sumarse aos novos obxectivos que o Consorcio se fixa tanto con este plan de investimentos como co Pacto pola Paisaxe que tamén está en marcha gracias ao apoio da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda.

Desde o Consorcio afirman que esta iniciativa protéxese unha icona do patrimonio histórico da Paisaxe Cultural Ribeira Sacra á vez que se mellora a experiencia do visitante, apostando realmente pola sostibilidade.

O Presidente do Consorcio insistía en que esta iniciativa ten que ser, e vai a ser, “o comezo dun novo modelo que pretendemos estender a outros puntos do xeodestino que rexistran unha presión semellante ou que comezan a verse, por momentos, masificados. Para iso estase a traballar agora na tramitación dun plan de mobilidade de carácter global que irá definindo as estratexias máis axeitadas para cada caso concreto.”

Presentación Lanzadeira Santa Cristina / Consorcio de Turismo

O Plan de Sostibilidade, por importe de 2.000.000 de euros é financiado nun 42,5% pola Secretaría de Estado de Turismo, nun 42,5% pola Axencia Turismo de Galicia e nun 15% polo Consorcio de Turismo con apoio dos concellos e as Deputacións Provincias de Lugo e Ourense.

“Este Plan”, aseguran desde o Consorcio, “é o que nos dá a oportunidade de poñer en marcha este tipo de servizos, pois nin os concellos nin o Consorcio contan con recursos propios suficientes para afrontar, pola súa conta, estas medidas.”

ÚLTIMAS

“Case todo o que pisamos na montaña é comestible ou medicinal”, Carolina Martínez, divulgadora de plantas silvestres

Carolina Martínez González naceu en Barcelona, é neta de inmigrantes galegos e hai 9...

Prisión provisional para un home que rompeu o nariz á súa parella e deixou na UCI ao dono dun bar en Samos

O Xulgado de Sarria decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza...

Investigado un veciño de Monforte que roubou un coche e que era buscado polos xulgados de Coslada

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño, de 38 anos,...

Chantada quere Sanidade concéntrase o 2 de decembro ás 13:00h diante do centro de saúde

Aseguran desde a plataforma que se a situación se estaba deteriorando dende hai anos,...