HomesociedadeRematada a rehabilitación do CCE Infanta Elena cun investimento de 900.000 euros

Rematada a rehabilitación do CCE Infanta Elena cun investimento de 900.000 euros

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade rematou as obras de rehabilitación integral do Centro de Educación Especial (CEE) Infanta Elena de Monforte de Lemos, nas que investiu 876.128 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras que se desenvolveron nos últimos meses compatibilizando a súa execución coa actividade escolar, tiñan o dobre obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do centro e acometer traballos de diferente tipoloxía para modernizar as instalacións e facelas más cómodas e funcionais.

No que atinxe á eficiencia enerxética, o programa de obras incluíu o illamento da fachada polo exterior mediante sistema SATE, así como do forxado baixo cuberta, ademais da substitución de parte da cuberta por unha nova de panel sándwich con acabado de chapa nervada de aceiro e illamento intermedio, con novos canlóns e baixantes.

Así mesmo, procedeuse a instalar fiestras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e persianas con illante térmico interior; e substituíronse as luminarias por outras con tecnoloxía LED.

Tamén se incluíron medidas para mellorar a accesibilidade, como a execución de novas ramplas na zona de porche e o acondicionamento das existentes. Así mesmo, reformáronse os aseos do alumnado nas plantas baixa e primeira, así como os vestiarios e aseos da zona residencial. Esta renovación incluíu solados, revestimentos, equipamento, fontanería, saneamento e, nalgúns casos, ventilación. Colocouse un novo pavimento de tarima nas aulas de psicomotricidade, fisioterapia e salón de actos; novos falsos teitos en varias aulas e espazos, como o comedor; substituíronse portas e renovouse a pintura interior.

Ampliouse a porta de acceso á parcela para facilitar a entrada de autobuses de transporte escolar e dotouse dun novo pavimento tanto a explanada de aparcadoiro e paradas de buses como as beirarrúas perimetrais.

ÚLTIMAS

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...