Este decreto de Alcaldía vén motivado logo de que a empresa FCC comunicara ó Concello a súa proposta de servizos mínimos que, unha vez analizada polo Técnico municipal de Medio Ambiente, considerou, a través dun informe técnico, que estes servizos mínimos “son insuficientes para dar cobertura as necesidades básicas dos cidadáns e como consecuencia de elo poida darse unha situación de insalubridade para a cidadanía”. Desde o concello apelan a realizar un esforzo negociador para non perxudicar á veciñanza e ao sector produtivo.
De producirse a folga anunciada para o día 9, dende o Concello estímase necesario, en base ó Informe do Técnico Municipal de Medio Ambiente, “atender ós servizos públicos socio-sanitarios e de alta concentración humana, sobre todo tendo en conta a situación de pandemia na que nos atopamos”.
O Decreto de Alcaldía, que foi trasladado á empresa FCC, contempla que, dentro dos servizos mínimos debe recollerse o lixo en:
- Hospital Comarcal.
 - Centro de Saúde.
 - Residencias de Maiores.
 - Centros de Día.
 - Edificios Municipais.
 - Garderías, Colexios e Institutos.
 - Cemiterio.
 - Casco Histórico e Parador de Turismo.
 - Mercado Gandeiro (Feira).
 - Praza de Abastos.
 - Estación de Autobuses e de Ferrocarril.
 - Zona peonil, por contar con moita actividade hostaleira e comercial, así como unha alta concentración de persoas.
 
O Decreto emitido polo Alcalde tamén incide en que “si se chega a producir unha situación que o Concello entenda coma insalubre para os cidadáns, o Concello, igual que xa se ten feito noutras cidades, tomará as medidas necesarias para recoller o lixo e limpar as rúas”. Tamén se fixan servizos mínimos na prestación do Servizo de Recollida e Transporte de Residuos Urbanos, Limpeza Viaria e outros servizos complementarios do Concello.

                                    