HomesociedadeDesconvocada a folga do servizo de limpeza de Monforte

Desconvocada a folga do servizo de limpeza de Monforte

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora de maneira satisfactoria o acordo alcanzado entre a dirección da empresa FCC e a representación dos traballadores, delegados de persoal deste sindicato, coa colaboración como asesor nas negociacións, do responsable de acción sindical de CCOO Lugo e da comarca de Lemos, Mario Docasar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sindicato agradece o apoio e confianza de todo o persoal de traballadores e comición negociadora, “cuestión que nos permitiu lograr este importante acordo para mellorar as condicións laborais do conxunto dos traballadores e desconvocar con iso a folga que estaba convocada para iniciarse o nove de agosto ás cero horas.”

O acordo foi ratificado por parte dos traballadores coa seguinte votación:

  • Votos a favor do acordo: 34
  • Votos en contra : 0
  • Abstencións : 0

O sindicato lamenta que o alcalde de Monforte non se dignara durante o proceso a facer unha chamada á lexítima representación dos traballadores, “cuestión que demostra claramente a catadura moral do ex sindicalista, que pola contra si se preocupou, e moito, por enredar e sacar pola vía rápida uns servizos mínimos abusivos.” O acordo alcanzado recolle:

  • Subida Salarial (2021 : SUBIDA DO 2,5 % desde xaneiro con carácter retroactivo. ANO 2022 : 70 % do IPC REAL a 31/ 12/ 2022. ANO 2023 : 80% IPC REAL a 31/12/2023. ANO 2024 : 80% IPC REAL a 31/12/2024
  • Plus de festivos, Pasan de 85 € a 100 € (Por traballador e festivo dobre)
  • Contrato temporais, Pasan a indefinidos a dous traballadores que tiñan contrato temporal.
  • Días de libre goce, Pasan os 8 días libres a 8 sábados
  • Permisos non retribuidos, Pasar de gozalos en 3 períodos a 4.
  • Roupa de calidade e maior visibilidade, A roupa (chalecos, pantalóns e botas) pasa a ser de cores co fin de gañar en seguridade e visibilidade.
  • Vixencia do acordo deste convenio, Desde o 1/ 1/2021 ata o 31/ 12/2024

Desde CC.OO consideran que se trata do mellor ACORDO ao que se puido chegar sen meterse nunha folga.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...