HomesociedadeEn marcha a proposta cultural itinerante A Paisaxe do Camiño de Inverno

En marcha a proposta cultural itinerante A Paisaxe do Camiño de Inverno

A Xunta achega 21.000 euros a través do programa O teu Xacobeo a este proxecto que comprende, baixo un título común, un libro fotográfico, exposicións e faladoiros que se celebrarán tamén en Lalín, Quiroga, Rodeiro e A Rúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta cultural itinerante A paisaxe do Camiño de Inverno, que promove o fotógrafo Adolfo Enríquez botou a andar no Parador de Monforte de Lemos.

O libro é accesible de forma gratuíta na web do proxecto e recolle imaxes tomadas en distintos puntos da ruta polo propio Enríquez, un dos fotógrafos galegos con maior proxección nacional e internacional, que conta con sete premios nacionais LUX e dúas candidaturas aos Goya, entre outros recoñecementos.

As exposicións fotográficas, poderán visitarse en Monforte ata o 18 de agosto; en Lalín do 17 ao 24 de agosto; en Quiroga do 19 ao 26 de agosto; en Rodeiro do 24 ao 31; e na Rúa dende o 3 ao 10 de setembro.

O 19 de agosto en Quiroga como xa aconteceu en Monforte terá un lugar un faladoiro no que intervirán xunto ao autor, algunhas das persoas que colaboraron na iniciativa; esta tarde en Monforte participan José Taboada, presidente do Colexio Profesional de Xeógrafos de Galicia, e Aida Menéndez, presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.

 O teu Xacobeo

O programa O teu Xacobeo suma centos de actividades que non só poñen en valor o contexto universal do Camiño neste Ano Santo bianual, senón que amosan toda a riqueza de Galicia, tanto material coma inmaterial.

No conxunto das dúas edicións da iniciativa, desenvolveranse máis de 400 propostas socioculturais nas que a Xunta de Galicia está a investir preto de 8 millóns de euros, co obxectivo de facer desta celebración do Xacobeo 2021-2022 a celebración máis viva, segura, integradora, ampla e diversa posible. Concretamente, en Lugo estanse a impulsar 96 proxectos que mobilizan más de 2 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...