HomesociedadeIncreméntanse a 24.000 euros as axudas a material escolar en Monforte

Increméntanse a 24.000 euros as axudas a material escolar en Monforte

Dende a apertura do prazo de solicitude a principios do mes de xuño, as solicitudes presentadas foron 218 das que se concederon finalmente 169 axudas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste mes o concello de Monforte destina unha partida inicial de 20.000 euros para este fin, que foi ampliada ata os 24.000 euros, para contribuír a axudar ás familias monfortinas ante os efectos derivados da crise do Coronavirus. “Atendendo así desde o concello todas as solicitudes presentadas, que aumentaron respecto do ano pasado, e non deixando atrás a ningunha familia que o necesite,” sinala o alcalde.

As axudas teñen como finalidade apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presenta dificultades económicas para afrontar os gastos que supoñen a adquisición de material escolar e libros, ante o inicio do curso escolar o vindeiro mes de setembro, dificultades que, en moitos casos, vense agravadas pola incidencia da crise da Covid-19.

Estas axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario están destinadas ó alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2021/2022 en educación infantil (3-6 anos), educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

Os vales axuda serán entregados a partir do 1 de setembro na Oficina de Servizos Sociais do Concello, e a data de caducidade dos vales será ata o 9 de outubro de 2021.

Unha vez recollidos os vales, as familias poderán presentar os mesmos para adquisición do material en calquera librería do municipio de Monforte.

O importe destas bolsas vai dende os 75 euros ata os 390 euros, dependendo do número de fillos/as por familia e do curso que estuden.

ÚLTIMAS

O ‘Estase Cocendo’, que chega á súa 18ª edición, bota a andar esta fin de semana

Este sábado deu comezo unha nova edición do ‘Estase Cocendo’, unha cita gastronómica-turística que...

Quiroga celebra a IX edición dos ‘Cantos de taberna’

Quiroga encherase de música tradicional este 7 de marzo con sete grupos que chegan...

O taboadés Alberto Fidalgo 3º na Copa de España de Marcha Nórdica

O pasado 1 de marzo, o deportista de Taboada Alberto Fidalgo Pesquera acadou un...

Boas sensacións nas citas clave da recta final da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Campos fixo fincapé no recente encontro co subdirector de Cultura da Unesco, Ernesto Ottone,...