HomesociedadeQuiroga adxudica a construción do cemiterio municipal e dunha nova rúa

Quiroga adxudica a construción do cemiterio municipal e dunha nova rúa

O concello de Quiroga adxudicou a primeira fase de construción do cemiterio e da nova rúa que unirá a rúa Tallos coa rúa Rego da Silva e ademais dará servizo ao novo cemiterio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta primeira fase de construción conta cun orzamento de 175.000 €., 75.000 financiados por Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, para a construción do campo santo e 100.000 €, financiados pola Consellería Infraestruturas e Mobilidade, para servizos básicos (auga, rede de sumidoiros,..) para o cemiterio e para o novo viario.

No pasado mes de xuño, o Consello da Xunta de Galicia daba luz verde á ocupación dos terreos pola vía de urxencia. No mes de xullo tiña lugar  o levantamento da acta de ocupación na que se recollían os datos dos propietarios e das parcelas implicadas, pasando os terreos a ser propiedade do concello. Agora comeza xa un proxecto bianual que dotará aos veciños dun cemiterio municipal e da urbanización dunha nova rúa.

A adxudicataria comezará co replanteo dos terreos polo que na vindeira semana poderán verse xa as máquinas no movemento dos terreos para estas dúas obras, que se levarán a cabo ao mesmo tempo.

O alcalde quirogués, Julio Álvarez, destacou a rapidez coa que se levou a cabo este proxecto pois nun ano tomouse a decisión política dunha obra que xa está contratada.

O proxecto do novo recinto mortuorio, endosado ao actual cemiterio, ten unha superficie de 3.326 m2, no que se construirán 1.154 unidades de enterramento novos entre panteóns e nichos. Tamén contará con dous columbarios para depositar as urnas das cinzas con 42 espazos cada un; e un local de culto aconfesional. Dende o novo recinto crearase unha rúa en diagonal e unha serie de rúas que facilitarán o acceso a todos os servizos do cemiterio así como ao antigo campo santo.

En canto á nova rúa, a que o rexedor local cualificou como “a mellor rúa da vila”, terá unha lonxitude de 200 metros e unha anchura de 16 m., grazas, como recalcou o alcalde, “á xenerosidade dos propietarios que cederon os terreos”.

Unha vez iniciada esta primeira fase das obras, trabállase xa no que será a seguinte fase para a que se calculan uns 370.000 €, nesta ocasión seguramente a cargo dos fondos propios do concello.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...