Homesociedade12.000 euros para axudas a asociacións por actuacións de servizos socais en...

12.000 euros para axudas a asociacións por actuacións de servizos socais en Monforte

O Equipo de Goberno de Monforte aproba a convocatoria anual de subvencións a entidades e asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que desenvolvan actuacións no ámbito dos servizos sociais no Concello de Monforte, durante o exercicio 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta liña de axudas posta en marcha polo Concello de Monforte busca así fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social, previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, atendendo ó seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

A contía destinada a estas subvencións para actividades realizadas no ano 2021 ascende a 12.000 euros, sendo 2.000 euros a contía máxima de cada subvención. Do mesmo xeito, como regra xeral o importe máximo da subvención para cada proxecto ou actividade non poderá exceder do 70% do seu orzamento.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 17 de setembro de 2021. As entidades que poderán optar a ser beneficiarias destas subvencións de carácter social, serán aquelas que realicen actividades ou desenvolvan proxectos de interese social para o municipio de Monforte de Lemos.

Serán obxecto de subvención o desenvolvemento de actividades e proxectos de carácter social que teña como persoas destinatarias últimas calquera dos colectivos das distintas áreas de actuación propias dos servizos sociais, primando aqueles colectivos de persoas que por razón de índole económica, de saúde ou concorrencia de circunstancias sociais, étnicas ou culturais sofran especiais dificultades respecto da xeneralidade de poboación de precisen dunha atención específica para garantir o acceso a calidade de vida e participación social.

As entidades interesadas deberán presentar as solicitudes de acordo cos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral do Concello de Monforte de Lemos, nos servizos sociais comunitarios ou na web www.monfortedelemos.es.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

  • Fotocopia compulsada do NIF en vigor da persoa física que actúen en representación.
    • Proxecto descritivo da actividade asinado pola persoa representante con especificación da data, lugar de realización, responsables do desenvolvemento da actividade, obxectivos e fins, temporalización, metodoloxía e avaliación a que se destinarán os fondos, de acordo co baremo que figura no punto 12 das bases da convocatoria.
    • Orzamento de ingresos e gastos da actividade con expresión das axudas solicitadas ou concedidas por parte doutros organismos públicos ou privados.

O Concello comprobará de oficio a inscrición no Rexistro municipal de Asociacións e a non existencia de débedas coa Facenda municipal.

ÚLTIMAS

Gandaría Quintián do Páramo, a transformación para xerar valor engadido

Na visita á Gandaría Quintián, o delegado territorial destacou, que se trata dunha empresa...

“Quiroga, terra de acollida”, este 26 de novembro no Faladoiro

Terriña Salvaxe é o proxecto desta parella valenciana, que decidiu apostar pola vida no...

A actriz, María Vázquez, recibirá o XXIII Premio Facer País o 29 de novembro en Láncara

A presidenta da asociación promotora do premio, asociación Val do Láncara, Marta Horbán, o...

Conmeracións do 25N, condena unánime á violencia machista

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o 25-N, Día Internacional da Eliminación da...