IniciosociedadeDispositivo de tráfico en Monforte con motivo da chegada de La Vuelta...

Dispositivo de tráfico en Monforte con motivo da chegada de La Vuelta Ciclista

O estacionamento quedará suprimido o xoves, día 2 de setembro, todo o día e toda a noite e o venres día 3 de setembro todo o día ata a finalización da carreira, que se prevé sobre as 18:30 horas, en todas as vías de paso da proba: R/Morín, R/Dr. Casares ata cruce de R/San Pedro, Rolda María Emilia Casas Baamonde, R/Chantada, Avenida de Galicia, R/Celso Emilio Ferreiro e R/Escultor Francisco Moure.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tanto os veciños como os propietarios dos establecementos e locais comerciais das rúas afectadas polo paso do pelotón ciclista, serán informados a través dunha carta asinada polo Alcalde e tamén a través das correspondentes sinais de prohibición de aparcar.

Ademais das rúas polas que pase a carreira, dende o día 2 tamén se suprime o estacionamento nas rúas que albergarán as instalacións de meta: R/Compañía, Paseo de Lugo, R/Dalmiro de la Válgoma e R/Sarria, e nos estacionamentos públicos da rúa Sarria e do Parque dos Condes.

Para suplir esta falta excepcional de estacionamentos no centro da cidade, o Concello habilitará unha finca particular, logo de obter a colaboración e o permiso do seu propietario, ubicada na rúa Francisco Moure, unha vez atravesado o paso a nivel do tren á esquerda, destinada a que veciños e visitantes poidan utilizala como aparcamento alternativo mentres se manteñan as supresións de estacionamento sinaladas. O tamaño da finca é similar ó do estacionamento do Parque dos Condes.

Cortes de tráfico

O tráfico rodado cortarase o venres día 3 de setembro progresivamente nas rúas afectadas, desde as 00:00 (12 da noite), as 14:00 e as 16:00 horas, ata a finalización da carreira. Isto suporá, que durante os horarios de corte de tráfico, non se poderá facer uso dos garaxes das rúas afectadas por parte dos seus propietarios. Estarán cortadas as diferentes rúas afectadas nos seguintes horarios, dende o propio venres día 3:

  • Desde as 00:00  horas ata a finalización da carreira, que se prevé sobre as 18:30  h., nas rúas Compañía, Escultor  Francisco Moure,  Dalmiro de la  Válgoma, Paseo de Lugo e Sarria.
  • Desde as 14:00  horas ata a finalización da carreira, nas rúas Avenida de Galicia (desde cruce con Roberto Baamonde) e Celso Emilio Ferreiro e naquelas cuxo acceso de entrada ou saída realícese mediante conexión coas mesmas (R/Mallodadas,  R/Poeta Lois Pereiro e  R/Miguel de Cervantes).
  • Desde as 16:00  horas ata a finalización da carreira, nas rúas Morín, Doutor Casares, Circunvalación, Chantada, e o tramo da Avenida de Galicia ata Roberto Baamonde, e naquelas cuxo acceso de entrada ou saída realícese mediante conexión coas mesmas (R/Saviñao,  R/Veiguiña,  R/Rof  Codina,  R/Hortas,  R/Cardeal,  R/Roberto Baamonde e  R/Conde).

Todos os horarios sinalados poden verse suxeitos a pequenas modificacións en función do desenvolvemento da etapa (se por exemplo ven adiantada ou retrasada en función do horario estimado de chegada) e das necesidades que se poidan prantexar dende a organización de La Vuelta.

O Alcalde agradece “a colaboración de todos os veciños e veciñas de Monforte, así como dos propietarios de establecementos comercias afectados por estas medidas, cuxa adopción está motivada pola magnitude deste evento deportivo e da gran transcendencia que terá para a nosa cidade, medidas que teñen como finalidade garantir a seguridade de todos os participantes e o bo desenvolvemento da proba ciclista”.

“Un evento da importancia de La Vuelta Ciclista a España, que amosará o vindeiro venres Monforte e a Ribeira Sacra en millóns de fogares de todo o mundo, require a colaboración dos monfortinos e das monfortinas, para que o fin de etapa que acollerá a nosa cidade sexa todo un éxito, e estou seguro que entre todos e todas o conseguiremos”, concluíu o rexedor monfortino.

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...