HomesociedadeAberto o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais de Monforte

Aberto o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais de Monforte

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 7 e o 22 de setembro. Entre o luns 27 e o xoves 30 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos. A lista de admitidos/as se confeccionará por rigorosa orde de presentación das solicitudes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos):

Actividades para nenos e nenas:

  • Golf
  • Pádel.
  • Kung Fu
  • Zumba Kids

Actividades para adultos/as:

  • Ximnasia de mantemento
  • Tai Chi
  • Ioga
  • Zumba

A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2021 e se prolongará ata finais do mes de maio de 2022, completando así un total de 8 meses lectivos.

O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas o poderán facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial, ou a través da sede electrónica municipal.

O Concello oferta un maior número de grupos por mor da Covid-19

“Dado o contexto de alerta sanitaria motivado polo COVID-19, o número de compoñentes de cada grupo de actividade estará condicionado pola normativa existente en cada momento. É por este motivo que imos ofertar un maior número grupos por actividade para dar cabida así a un maior número de persoas participantes”, destaca o Alcalde, José Tomé Roca.

Deste xeito o número de grupos de cada modalidade ofertada é o seguinte:

Actividades para nenos e nenas:

  • Golf: 4 grupos
  • Pádel: 6 grupos
  • Kung Fu: 1 grupo
  • Zumba Kids: 1 grupo

Actividades para adultos/as:

  • Ximnasia de mantemento: 4 grupos
  • Tai Chi: 2 grupos
  • Ioga: 4 grupos
  • Zumba: 2 grupos

CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL

Na piscina climatizada municipal tamén se van a ofertar un número importante de cursos e actividades. Para o trimestre que vai dende o mes de outubro a decembro ofertaranse cursos de natación para as seguintes idades:

  • Bebés: a partir de 6 meses (2 grupos)
  • Infantil: a partir de 3 anos (6 grupos)
  • Nenos/as: a partir de 6 anos (4 grupos)
  • Persoas adultas: a partir de 13 anos (8 grupos)

Cada un dos cursos ten unha carga horaria de 2 clases á semana, de 45 minutos cada unha. Tamén se vai a ofertar ximnasia acuática e spinning.

Todas as persoas interesadas en matricularse nalgún dos cursos que se ofertan na piscina municipal poderano facer a partir das seguintes datas:

  • Socios/as da piscina: a partir do 22 de setembro
    • Non socios/as da piscina: a partir do 27 de setembro

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...