HomesociedadeAberto o prazo para o servizo "Concilia" do concello de Sober

Aberto o prazo para o servizo “Concilia” do concello de Sober

Está previsto que o servizo empece a funcionar o día 1 de outubro. As familias interesadas en inscribirse poden facelo no Colexio Virxe do Carme ou no Concello de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober abre o prazo para anotarse no servizo de conciliación familiar ‘Concilia’ destinado ao alumnado do Colexio Virxe do Carme durante o curso 2021/2022. O obxectivo deste servizo, que tivo unha boa acollida nos cursos anteriores atendendo a máis de 30 familias ao ano, é o de servir de axuda aos pais que precisen que os seus fillos sexan atendidos un tempo antes de entrar ou despois de saír do Colexio.

“Con esta medida pretendemos avanzar na conciliación familiar ao tempo que lle permite aos nenos seguir aprendendo e divertíndose cos seus compañeiros baixo a supervisión dun profesional”, indica o rexedor, Luis Fernández Guitián.

O alcalde soberino sinala que “o Concello porá ao servizo das familias un profesional para atender a estes alumnos no propio centro escolar que se encargará de ofrecerlles unha programación de xogos e actividades”.

Servizo de mañá e de tarde

O servizo ‘Concilia’ é o único da Comarca que ofrece dúas modalidades: unha pola mañá e outra pola tarde. A través do servizo ‘Madrugadores’, con horario de 07:45 a 09:30 horas, o profesional do servizo encargarase da atención aos nenos e nenas para comezar o día antes do horario lectivo con xogos, actividades de lectura, debuxo, etc.

Xa pola tarde, de 15:45 a 17:30 horas, o Concello de Sober oferta tamén un servizo denominado ‘Ludotardes’ no que os nenos e nenas poden aproveitar para compartir cos seus compañeiros xogos e actividades antes de que os pais os recollan.

Fernández Guitián explica que “co obxectivo de manter afastada a Covid-19, o servizo ‘Concilia’ do Concello de Sober cumprirá con todas as medidas de prevención e protocolos establecidos polas autoridades sanitarias”.

ÚLTIMAS

Proposta da CEG para impulsar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A Confederación de Empresario de Galicia (CEG) promoverá este ano un "foro de reflexión...

As compras de Reis no I Mercado de Nadal de Pantón

Esta fin de semana o Concello de Pantón celebra o I Mercado de Nadal...

Toma de posesión de dos dous novos policías municipais en Monforte, como funcionarios en prácticas

A formación teórico-práctica durará nove meses estendéndose de xaneiro a xuño do presente ano...

Conta atrás para o ‘Quiroga Trail Challenge’, proba que está preto das 1000 inscricións

O Quiroga Trail Challenge (QTC), unha das probas de montaña máis emblemáticas da península...