Homesociedade120.000 euros na mellora da estrada de Meizarán en Triacastela a Fillobal

120.000 euros na mellora da estrada de Meizarán en Triacastela a Fillobal

As obras que conectan este núcleo coas Nogais excútanse ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) da Consellería do Medio Rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Renóvase o firme nun tramo de 2,5 quilómetros de lonxitude cun ancho de 4,5 metros. Para iso, limpouse a superficie da calzada, que presentaba moito deterioro polo paso do tempo, para dotala dun novo pavimento a base de aglomerado en quente con rego de adherencia.

Os traballos completarase entre este mércores e mañá e a continuación pintarase a nova sinalización horizontal. Tamén se repararán con pavimento de formigón as embocaduras de camiños adxacentes á vía, o que nalgúns casos implica a realización de obras para instalar tubaxes de saneamento soterradas.

O delegado territorial destaca “a colaboración da Xunta cos concellos para manter en bo estado a rede de camiños municipais, que dan acceso á maioría das vivendas e explotacións e inciden directamente na calidade de vida da cidadanía”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...