Iniciosociedade"O proxecto de urbanización da Zona C cambiará a fisionomía da cidade",...

“O proxecto de urbanización da Zona C cambiará a fisionomía da cidade”, asegura o alcalde de Monforte

O Alcalde concluíu a súa intervención salientando que “este proxecto vai cambiar a fisionomía da cidade de Monforte, poñendo en valor unha zona que estaba abandonada e que dende o punto de vista da mellora urbana, supón un salto cualitativo moi importante, porque con proxectos coma este, Monforte, vai seguir avanzando”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte vén de presentar o proxecto para a urbanización e dotación de servizos da Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas, ademais este xoves publicouse o anuncio de licitación para a execución das correspondentes obras contempladas en dito proxecto.

As obras para a urbanización e dotación de servizos da Zona C, teñen un custe de licitación de 918.165,09 euros (IVE engadido), aproximadamente uns 100.000 euros menos dos inicialmente estimados. O proxecto conta cunha axuda de 300.000 euros aportados pola Deputación de Lugo, sendo o resto do orzamento aportado polo Concello monfortino, é dicir, 618.165,09 euros.

“Estas obras van permitir eliminar a balsa de maleza que existe dende o final da rúa Rof Codina ata a rúa Cobas e na rúa Fontecha, abrindo novos viais, creando novas parcelas para edificar e unha nova zona verde axardinada arredor da Gardería Municipal” destacou o rexedor municipal. “Con estas obras imos cambiar a fisonomía da cidade, mellorando a trama urbana e poñemos en valor, unha zona da cidade moi preto do monumento da Nosa Señora da Antiga, que sen dúbida vaille dar unha maior calidade urbana a esa parte de Monforte”.

O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o martes 5 de outubro ás 14.00 h. A mesa para a apertura do sobre técnico terá lugar o mércores 6 de outubro ás 9 da mañá, e a apertura da oferta económica terá lugar o mércores 13 de outubro á mesma hora. O prazo de execución da obra, unha vez adxudicada e asinada a acta de replanteo, será de 8 meses, polo que, segundo salientou o Alcalde “calculamos que as obras van estar rematadas no vindeiro ano 2022”.

Proxecto de urbanización e dotación de servizos da Zona C

O Alcalde deu conta dos principais datos que recolle o proxecto construtivo e que son os seguintes:

  • O número de parcelas afectadas por este proxecto de urbanización eran 12 fincas.
  • A superficie total afectada por esta urbanización incluíndo a superficie das parcelas e o vial municipal supoñen 21.090 metros cadrados, algo máis de dúas hectáreas.
  • O número de propietarios destas 12 parcelas era de 73.
  • O número de parcelas que van quedar despois da urbanización son 18, das cales 15 son para urbanizar e 3 para zonas verdes.

A superficie resultante, unha vez urbanizados estes terreos, queda do seguinte xeito:

  • Para rúas novas, 6.323 metros cadrados.
  • Para espazos libres e axardinados, 8.982 metros cadrados.
  • E para solares, 5.785 metros cadrados.

O aproveitamento urbanístico destes 5.785 metros cadrados urbanizables é de 22.230 metros cadrados edificables, dos cales 4.744 metros cadrados serían baixos e 17.486 metros cadrados serán para vivendas. As edificacións serán de baixo máis tres alturas, na marxe dereita con fachada e traseira e na marxe esquerda deberán ser doble fachada, por contar con paseos peonís entre os edificios e a zona axardinada.

“Como se pode contemplar no plano de planta do proxecto”, subliñou Tomé Roca, os accesos á Gardería Municipal van ser peonís por seguridade dos nenos e das nenas que acudan a esta gardería, tendo a posibilidade de estacionar moi preto a ambos lados da Gardería, tanto no Parque dos Condes como na nova rúa que se vai construír”.

Tanto as novas beirarrúas como o acceso peonil á Gardería, serán de lousas de granito, o que vai realzar a singularidade desta urbanización. Nas rúas de nova creación, vanse crear 67 prazas de estacionamento e 3 para persoas con discapacidade, o que facilitará a mobilidade de todos os veciños e veciñas de Monforte. Tamén haberá unha nova zona axardinada duns 6.000 m2 aproximadamente arredor da Gardería Municipal e do borde ó longo do río Cabe, dándolle unha semellanza ó xardín do Parque dos Condes, quedando as dúas marxes do río Cabe como zonas verdes, poñendo en valor esa zona da cidade.

Criterios de adxudicación

Os criterios de adxudicación que se valorarán dende o Concello para a elección da proposta máis vantaxosa serán:

  • Oferta Económica (prezo): 50 puntos.
  • Memoria Técnica: 20 puntos.
  • Ampliación do prazo de garantía: 10 puntos.
  • Repavimentación da rede viaria afectada, incluíndo a sinalización vial, e incremento da superficie pavimentada en rúa Teceláns, ata contactar co perímetro pavimentado da Gardería Municipal: 10 puntos.
  • Iluminación de sendeiros peonís: 5 puntos.
  • Incremento de 3 a 4 metros en anchura de dous paseos peonís: o situado no fronte sur de volumes de edificación, fronte á zona axardinada, e o ubicado no sendeiro peonil da zona axardinada suroeste: 5 puntos.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....