HomesociedadeO Incio mantén o servizo de madrugadores

O Incio mantén o servizo de madrugadores

O concello, en colaboración co CEIP Ricardo Gasset, axudará na conciliación ás familias das nenas e nenos escolarizados no centro este curso 2021-2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O servizo de madrugadores é unha proposta do Concello do Incio pensada para axudar ás familias que queiran deixar aos seus fillos cedo, antes do inicio da xornada lectiva.

O servizo, de carácter gratuíto, comeza ás 8:00 da mañá e esténdese ata as 10:00 horas, momento no que comezan as clases. Durante estas dúas horas os nenos e nenas están acompañados dunha coidadora no salón de actos do centro, o que permite cumprir con todas as medidas sanitarias en vigor. Na sala teñen diversos xogos e abundante material para poder entreterse.

O Goberno local anima aos pais e nais a interesarse polo servizo de madrugadores, xa operativo, a través do Concello ou no propio CEIP Ricardo Gasset, onde poden formalizar a súa inscrición.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...