HomesociedadeO 15 de setembro comeza oficialmente a vendima na D.O. Ribeira Sacra

O 15 de setembro comeza oficialmente a vendima na D.O. Ribeira Sacra

100 adegas están inscritas na D.O. este ano, das que 22 xa están recollendo uva. Desde que na última fin de semana de agosto algunhas adegas comezaran a recollida de Godello, lévanse recollidos a data, 12 de setembro, un total de 68.252 quilos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra fixa como data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe o 15 de Setembro, prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata mediados do mes de outubro; podendo chegar ao redor do 6 millóns de quilos de uva. O pasado ano a data oficial foi o 16 de setembro e remataba a vendima o 7 de outubro.

Os resultados dos controis de maduración nas viñas, que desenvolveu o equipo técnico da Denominación desde finais de agosto, permitiron determinar o estado da uva e definir a data oficial para o inicio da vendima nesta campaña.

100 adegas están inscritas na D.O. este ano, das que 22 xa están recollendo uva. Desde que na última fin de semana de agosto algunhas adegas comezaran a recollida de Godello, lévanse recollidos a data, 12 de setembro, un total de 68.252 quilos.

A maioría corresponden a Godello, con 41.392 quilos, séguenlle:

  • Merenzao, 11.037 quilos
  • Mencía, 10.221 quilos
  • Albariño, 2.534 quilos
  • Dona Branca, 1.810 quilos
  • Treixadura, 776 quilos
  • Branco Lexítimo, 278 quilos
  • Loureira, 115 quilos
  • Mouratón, 90 quilos

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...