HomesociedadeAsínase a venda de 4 parcelas no Polígono do Reboredo e quedan...

Asínase a venda de 4 parcelas no Polígono do Reboredo e quedan 4

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Xerente da entidade estatal “Suelo Empresarial del Atlántico” (SEA), Beatriz Sestayo Doce, asinaron este mércores 15 de setembro, a adquisición, por parte do Concello, dunha parcela no Polígono industrial do Reboredo. Ademais, asináronse tamén outras 3 vendas a empresas relacionadas coa metalurxia, a enxeñaría e a construción.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xerente de SEA aproveitou a súa visita a Monforte para facer efectiva ante notario, ademais da venda dunha parcela ao concello, para proceder á asinatura doutras tres novas vendas no polígono industrial do Reboredo, no que só quedan catro parcelas dispoñibles, e outra parcela xa está comprometida pero aínda non escriturada.

Asináronse vendas cunha compañía metalúrxica, unha empresa de enxeñaría, outra vinculada á construción e co Concello de Monforte.

Trátase de catro parcelas que permitirán sumar a tres novas empresas ó polígono, nunha extensión total de 27.173 metros cadrados, posto que unha das superficies vendidas ascende a máis de 14.000 metros cadrados. En cifras económicas, as operacións supoñen un desembolso para as compañías de 529.873 euros máis IVE.

Neste ano 2021, o organismo estatal Suelo Empresarial del Atlántico tamén pechou operacións que afectan ás parcelas 2C e 3C, que suman 14.912 metros cadrados –290.784 máis IVE–; e as 14A e 15A, que supoñen un total de 8.988 metros cadrados –175.266 euros máis IVE–.

José Tomé salientou en que “por parte do Concello, imos seguir traballando para levar a cabo actuacións de melloras moi relevantes, que teñen que ver co aumento do desenvolvemento urbano e tamén coa mellora do saneamento integral do Polígono”.

Beatriz Sestayo puxo en valor que as “importantísimas operacións”, en termos económicos e, sobre todo, de xeración de emprego acadadas en Monforte nestes dous últimos anos supoñen que, a día de hoxe, só queden dispoñibles catro parcelas, polas que xa se constatou interese de distintas empresas.

Do mesmo xeito, a xerente do SEA amosou a súa satisfacción polo transcendente impulso do Polígono Industrial de Monforte, “exemplo claro de dinamización económica e creación de emprego dende a proactividade e a colaboración institucional”.

O Polígono do Reboredo

“Afortunadamente, o Polígono, despois de moitos anos nos que non tiña a demanda que se esperaba cando se construíu, a principios dos anos 80, e logo dunha boa promoción que fixemos ó longo do tempo, temos case a práctica totalidade das súas parcelas vendidas a empresas interesadas en instalarse aquí ou crecer”, destacou o Alcalde.

Boa mostra da saúde da que goza é a necesidade da ampliación do Polígono para cubrir a demanda actual, necesidade que dende o Concello xa lle foi solicitada hai unhas semanas á SEPE e a Suelo Empresarial del Atlántico, que é a entidade que se encarga da xestión e venta das súas parcelas de uso industrial.

“O polígono do Reboredo está de noraboa porque está crecendo e dende o Concello pensamos en articular novas medidas de crecemento, motivo polo cal solicitamos hai unhas semanas o SEPES o incremento da súa superficie, para que haxa máis posibilidades industriais nesta zona do interior de Galicia”, recordou José Tomé.

Novas actuacións de mellora no Reboredo

No pasado mes de xullo deste ano 2021, o Concello licitou o proxecto para a conversión dun camiño público do Polígono nunha nova vía que facilitará as comunicacións internas do polígono, así como o seu desenvolvemento e ampliación.

Neste proxecto, o Concello investirá case 236.000 euros, cun orzamento total de 355.627,16 euros, para acadar unha vía de 16,50 metros de ancho e dotada de todos os servizos de iluminación, saneamento e beirarrúas.

Outra das iniciativas propias nas que o Concello está a traballar xa é na rehabilitación dunha nave do polígono, propiedade municipal, para convertela nun futuro Viveiro de Empresas, para o cal a inversión destinada polo Equipo de Goberno monfortino supera os 235.000 euros, dun orzamento total de máis de 427.000 euros, e con posibilidades de ampliación, si fose necesario.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...