HomesociedadeA Xunta imparte en Monforte dous cursos sobre o manexo do SIXPAC

A Xunta imparte en Monforte dous cursos sobre o manexo do SIXPAC

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organizará os vindeiros 20 e 22 de setembro dous cursos sobre o manexo do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os cursos desenvolveranse no centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos, o primeiro deles en horario de tarde (16:00 a 20:00 horas) e o segundo en horario de mañá (10:00 a 14:00 horas).

Estes cursos están dirixidos en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

A súa finalidade principal é dar a coñecer os usos desta ferramenta dixital, cuxa utilización é obrigatoria en España para realizar as solicitudes de axudas directas da PAC e das de desenvolvemento rural que, no marco do Sistema integrado de xestión e control, estean baseadas na declaración de superficies. Na parte práctica, ensinaráselles aos participantes a navegar por dita plataforma e sacar a información que precisen.

Os interesados poden inscribirse a través do formulario de asistentes dispoñible en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2021, enviándoo posteriormente cuberto ao enderezo electrónico ceca.monforte@edu.xunta.gal. Para obter máis información poden chamar ao número de teléfono 982889103.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...