Homesociedade20.000 euros para impulsar o asociacionismo no sector turístico da Ribeira Sacra

20.000 euros para impulsar o asociacionismo no sector turístico da Ribeira Sacra

A Deputación de Lugo aproba un convenio de colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) por 20.000€ co obxectivo de contribuír ao fomento do asociacionismo no sector turístico e gastronómico, e para o mantemento da sede que o colectivo ten na Ribeira Sacra

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con esta contía a APEHL pretende crear unha estrutura de funcionamento que permita mellorar e ampliar a oferta turística desta zona. “O obxectivo é lanzar unha campaña de fomento do asociacionismo entre empresas que prestan servizos turísticos na Ribeira Sacra e, deste xeito, seguir traballando nesta liña de aproveitar os inmensos recursos da zona para dinamizar o tecido produtivo e, polo tanto, a economía”, concretou a Deputada.

Pilar García Porto, enmarcou este apoio “na nosa relación de diálogo e de colaboración permanente cos sectores produtivos, nomeadamente con estratéxicos, como é o de servizos, que constitúe unha fonte de riqueza e de emprego moi importante na nosa provincia”, explicou. García Porto indicou que “a Ribeira Sacra é un territorio en auxe e cun gran potencial turístico debido ao seu altísimo valor medioambiental e cultural. A UNESCO acaba de declarar a Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel como Reserva da Biosfera, un recoñecemento que supón unha gran noticia para esta comarca e para o conxunto da provincia de Lugo polas oportunidades que abre para impulsar a conservación do medio ambiente e o desenvolvemento social e económico do territorio”.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro comeza actividade a nova Piscina Municipal da Pinguela en Monforte

Este luns, 27 de outubro, é a apertura oficial da Piscina Climatizada Municipal de...

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...