Homesociedade21 de setembro, "Alzheimer HOXE, mañá será tarde"

21 de setembro, “Alzheimer HOXE, mañá será tarde”

O dia 21 de setembro é o Día Mundial do Alzheimer. Dende a Federación Alzheimer Galicia (FAGAL), conmemórase coa campaña “Alzheimer HOXE, mañá será tarde”. Na mesma liña CEAFA (Confederación Española de Alzheimer) propón o lema “Cero omisións. Cero Alzheimer”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Día Mundial do Alzheimer, as reivindicacións e propostas céntrase na importancia do diagnóstico precoz, como punto de partida básico e imprescindible para chegar a tempo non só na detección de casos, senón, sobre todo, para poder poñer en marcha os necesarios procesos de intervención terapéutica que terán que dirixirse ao conxunto da familia afectada polo Alzheimer ou outro tipo de demencia. Igualmente, o diagnóstico é a ferramenta imprescindible para reducir as alarmantes cifras que representa o infra diagnóstico desta enfermidade neurodexenerativa que, de acordo coa Sociedade Española de Neuroloxía, pode alcanzar ao redor do 30% de casos sen diagnosticar.

Dende Afamon (Asociación de Familiares de persoas con Alzheimer outras demencias e enfermidades neurodexenerativas de Monforte) súmanse a esta conmemoración con actividades informativas para dar a coñecer tódalas cuestións relacionadas coa enfermidade e solicitar o apoio, a solidariedade e o compromiso da sociedade.

Día 21 de setembro, martes. Entre as 10 e  as 14 horas situarase unha mesa informativa na rúa Cardenal de Monforte (zona peonil) onde membros da xunta directiva ofrecerán información sobre a enfermidade e as actividades da asociación. Entregaranse folletos informativos con consellos para coidadores de persoas coa enfermidade de Alzheimer. Na mesa poderanse facer donativos mercando os traballos manuais feitos polos usuarios de AFAMON e mercando participacións da Lotaría de Nadal.

Dende o día 23 ao 28 de setembro: Exposición fotográfica itinerante “Tecendo rede, tecendo recordos’ de FAGAL (Federación Alzheimer Galicia), que viaxará de xeito itinerante por toda a xeografía galega. Esta exposición amosa o traballo diario e continuado que realizan as 15 asociacións alzheimer de Galicia para o mantemento e mellora da calidade de vida das persoas usuarias e as súas familias. En Monforte situarase ao aire libre na zona peonil da Rúa Cardenal.

ÚLTIMAS

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...

Dimite a concelleira de Igualdade de Monforte e a súa acta será asumida por Miguel Tomé, fillo do alcalde

A concelleira de Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López Rodríguez, presentou a súa...

Nova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

A convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada ten por obxecto beneficiar...

O presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos para o municipio

Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente...