Homesociedade20 persoas formáronse no obradoiro de emprego Ricra IV

20 persoas formáronse no obradoiro de emprego Ricra IV

Os participantes no obradoiro Ricra IV que comparten O Saviñao, Sober e Pantón recibiron os diplomas que acreditan a súa formación nos módulos de montaxe de construcións de madeira e traballos forestais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partir de outubro estará en marcha a quinta edición desta iniciativa, impulsada polos mesmos concellos e financiada pola Consellería de Emprego e Igualdade, que destinou 694.000 euros nos dous últimos anos a mellorar os perfís profesionais de persoas desempregadas destes municipios a través de ambos obradoiros.

O obradoiro que rematou impartiu dúas especialidades: montaxe e instalación de construcións de madeira, con oito alumnos, e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, con doce participantes.

Instaláronse en espazos públicos varandas, bancos, estantes, mesas e outro mobiliario de madeira; ademais de realizar traballos forestais e de carpintería na praza de España de Escairón e o campo da feira de Currelos (O Saviñao); no percorrido dos Chancís e no campo da romería de Cadeiras (Sober); e en distintos lugares de Pantón, como o campo da feira e diversas zonas de Galegos, Baliño e Ferreira.

O delegado resalta que a Xunta incrementou este ano o orzamento da convocatoria de obradoiros duais para poder ofrecer oportunidades laborais a máis persoas sen emprego. Na Zona Sur foron concedidos cinco talleres que se levarán a cabo en 12 municipios a partir do vindeiro mes de outubro, cun investimento autonómico de 1,7 millóns de euros

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...