Homesociedade63 adegas están vendimando na D.O. Ribeira Sacra que xa supera o...

63 adegas están vendimando na D.O. Ribeira Sacra que xa supera o millón de quilos

Ás portas da última fin de semana de setembro, das 97 adegas acollidas á Denominación que vendiman nesta campaña, 9 xa completaron os traballos, 63 adegas están vendimando, 6 téñena paralizada e 19 aínda non comezaron a recollida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A data 23 de setembro lévanse recolleitos 1.341.382 quilos, que por variedades distribúense do seguinte modo:
Variedades tintas

  • Mencía 749.319 kilos
  • Garnacha 16.355 kilos
  • Merenzao 47.726 kilos
  • Caíño 17.957 kilos
  • Brancellao 25.461 kilos
  • Sousón 5.266 kilos
  • Tempranillo 3.877 kilos
  • Mouratón 2.668 kilos

  Variedades brancas

  • Godello 377.533 kilos
  • Albariño 78.990 kilos
  • Treixadura 23.782 kilos
  • Branco Lexítimo 4.119 kilos
  • Dona Branca 3.402 kilos
  • Torrontés 652 kilos
  • Loureira 115 kilos

O pasado ano a estas alturas da campaña de recollida, 58 adegas xa completaran os traballos de vendima. Destaca este ano a cantidade de Godello que leva recolleito que supera a cantidade da pasada campaña por estas datas do mes de setembro. Viticultores e adegueiros seguen enfrontándose a unha climatoloxía caprichosa que polo momento non interfire na calidade e estado sanitario da uva que segue entrando en adega en estado óptimo.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...