Homesociedade"Coñece a túa provincia" leva Monforte á Mariña

“Coñece a túa provincia” leva Monforte á Mariña

O programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo ofreceu unha viaxe pola Mariña a dúas asociacións de Monforte e Guitiriz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, deu a benvida á fundación monfortina Galicia Obra Social no Pazo de San Marcos. Logo dunha parada no Salón de Plenos para coñecer a historia da sede da Deputación, o grupo viaxou ao Vicedo para percorrer o Fuciño do Porco e a praia de Abrela. Logo visitou a área etnográfica da Insua e a praia de Covas. A viaxe rematou en Ourol, onde os monfortinos coñeceron a fervenza da Xestosa.

Por outra banda, a ANPA do colexio chairego de Lagostelle comezou a visita na produtora dos Servizos Audiovisuais. O grupo trasladouse despois ata Burela para coñecer o porto pesqueiro e á asociación de redeiras do concello mariñano, e logo achegouse ata o litoral focense para rematar a excursión coñecendo a basílica de San Martiño.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...