HomesociedadeO proxecto de recuperación de soutos nos Ancares dalle á Deputación a...

O proxecto de recuperación de soutos nos Ancares dalle á Deputación a Copa España Creativa

Esta iniciativa vén de gañar a Copa España Creativa 2020, uns premios de ámbito nacional que recoñecen proxectos innovadores encamiñados a promocionar o desenvolvemento sostible.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Estación Científica da USC en Seoane do Courel acolleu o IV Seminario O Patrimonio Cultural do Courel, dedicado este ano aos soutos. No seminario deuse conta do proxecto que desenvolveu a institución provincial para favorecer a recuperación, conservación, posta en valor e aproveitamento sostible dos soutos na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionada pola Deputación, como modelo replicable no resto do territorio.

Seminario Patrimonio O Courel / Deputación Provincial

O xurado seleccionou este proxecto de entre a vintena de candidaturas que concorreron como finalistas a este certame de ámbito nacional, que apoia proxectos innovadores para o desenvolvemento sostible do territorio.

O proxecto co que a Deputación de Lugo gañou a Copa de España Creativa 2020 ten como obxectivo a recuperación, conservación e aproveitamento económico sostible dos soutos existentes na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, dentro do compromiso e o traballo que se leva a cabo dende a institución provincial para xerar riqueza e emprego sostible no rural lucense, e fixar así poboación, aproveitando para iso os recursos naturais propios.

O traballo, que foi desenvolvido en colaboración coa cooperativa ancaresa A Carqueixa, consistiu en tres liñas de actuación: a elaboración dun mapa dos bosques de frondosas autóctonas que, segundo os labores desenvolvidos representan o 28% da Reserva con 15.000 hectáreas; a elaboración dun mapa de masas de castiñeiros que, con preto de 5.000 hectáreas, supoñen o 9% deste espazo natural e das cales 1.000 hectáreas están catalogadas como monte comunal de titularidade municipal; e a identificación da verdadeira propiedade dos montes comunais dos soutos de Vilor, en Navia de Suarna, e Vilaver, en Cervantes, para proporcionar a seguridade xurídica que posibilite a súa explotación e conservación.

A recuperación dos soutos supón unha fonte de ingresos complementaria para as explotacións agrogandeiras, pero ademais favorece a ordenación do territorio e a prevención dos lumes forestais, e contribúe á conservación de hábitats protexidos e ao mantemento da súa biodiversidade.

ÚLTIMAS

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...