HomesociedadeXornada sobre o manexo de instalacións dos sectores porcino, avícola e cunícola

Xornada sobre o manexo de instalacións dos sectores porcino, avícola e cunícola

A Consellería do Medio Rural, a través da Agacal, organiza este martes de 10.00 a 14.00 no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte unha xornada sobre o manexo sustentable das instalacións dos sectores porcino, avícola e cunícola.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo da iniciativa é mellorar a capacidade dos asistentes para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos logrando un aforro enerxético e garantindo tanto a competitividade como a conservación do medio ambiente. Así, con material demostrativo e actividades tanto grupais como individuais buscarase que os participantes apliquen os contidos teóricos co fin de mellorar a súa capacidade de resolución de problemas.

Nesa liña, haberá contidos centrados nos tres sectores mencionados. Canto ao porcino, falarase de climatización, de aforro enerxético e de enerxías renovables cun exemplo práctico de cálculo de prazas de maternidade. En relación á avicultura, trataranse os materiais para camas e prácticas de manexo, así como os sistemas de iluminación que permiten aforrar custos. Por último, sobre a cunicultura, abordaranse as vantaxes e inconvenientes dos distintos tipos de bebedoiros ou a distribución de alimento.

A acción está dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico maria.lourdes.diaz.fernandez@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982889103

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...