HomesociedadeA Torre da Homenaxe en verde contra o desperdicio alimentario

A Torre da Homenaxe en verde contra o desperdicio alimentario

Este mércores, día 29 de setembro, procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde con motivo do Día internacional de concienciación sobre a perda e o desperdicio de alimentos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade inclúese nos actos da IV Semana contra el desperdicio alimentario, que se celebra dende o 27 de setembro e ata o 3 de outubro. Trátase dunha iniciativa de ámbito nacional, impulsada polas empresas da industria e a distribución alimentaria, e coordinada por AECOC (a Asociación de Empresas del Gran Consumo que reúne a más de 30.000 compañías).

O obxectivo desta campaña, salienta o Alcalde, é “sensibilizar a todos os axentes económicos e sociais, e en concreto a todos os monfortinos e monfortinas, da importancia de aproveitar os alimentos e evitar que se acaben desperdiciando e se convertan en residuos”.

O acto deste mércores leva por título Marea verde contra o desperdicio alimentario, e consiste no acendido de verde de edificios emblemáticos para celebrar o Día Internacional da Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos e para facer unha chamada de atención sobre a importancia de aproveitar os alimentos y non derramalos.

Entre outras iniciativas, dende AECOC tamén se organiza, baixo o título “Estrelas contra o Desperdicio”, a preparación e difusión de receitas de aproveitamento recollidas no Libro “Estrellas contra el Desperdicio”, no que 30 chefs con Estrela Michelin cederon unha receita para este libro solidario cuxos beneficios son integramente doados á Federación Española de Bancos de Alimentos.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...