HomesociedadeAínda quedan prazas para as Escolas Deportivas Municipais de Monforte, que comezan...

Aínda quedan prazas para as Escolas Deportivas Municipais de Monforte, que comezan o día 4

Todas as persoas interesadas en matricularse nalgunha das prazas que quedan dispoñibles poderano facer presentando a documentación requirida no rexistro do Concello. As escolas deportivas municipais curso 2021 – 2022 comezarán o vindeiro luns 4 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A oferta deportiva feita polo Concello de Monforte para este curso conta cun incremento importante no número de prazas, xa que moitas das actividades duplicaron o número de grupos ofertados, con respecto á tempada anterior. A modalidade de ioga pasa de 2 a 3 grupos, a modalidade de ximnasia de mantemento pasa de 2 a 4 grupos, a modalidade de tai chi pasa de 1 a 2 grupos e a modalidade de zumba para adultos pasa de 1 a 2 grupos. Neste enlace pódese consultar o listado de admitidos e admitidas. No momento do peche das inscricións a porcentaxe de prazas cubertas sitúase no 67 %, de xeito que aínda quedan as seguintes prazas dispoñibles:

Modalidades de adultos/as:

Modalidade/grupoPrazas dispoñibles
Ximnasia de mantemento luns – mércores 10:30 – 11:30 h.5
Ximnasia de mantemento martes – xoves 10:30 – 11:30 h.3
Ximnasia de mantemento martes – xoves 17:00 – 18:00 h.10
Tai Chi martes (19:45) – venres (20:00)1
Tai Chi luns – xoves  17:30 – 18:305
Zumba luns xoves 11:00 – 12:006
Zumba martes – xoves 17:00 – 18:004

      Modalidades de nenos/as:

Modalidade/grupoPrazas dispoñibles
Pádel15
Golf12

As persoas que queiran renunciar a algunha das prazas concedidas deberán poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Deportes antes do inicio das clases.

ÚLTIMAS

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día

Como nas xornadas anteriores, desde a CIG informan que a folga estivo marcada polos...

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...