HomesociedadeDo 4 ao 21 de outubro Monforte acolle un curso sobre benestar...

Do 4 ao 21 de outubro Monforte acolle un curso sobre benestar animal no transporte

A Consellería do Medio Rural, a través da Agacal, celebra do 4 ao 21 de outubro un curso sobre benestar animal no transporte. Terá lugar no centro de experimentación forestal de Monforte na modalidade semipresencial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao longo de 20 horas lectivas -a metade delas no propio CFEA e a outra metade en liña-, a acción formativa abordará temas como a saúde e a seguridade no traballo, o manexo, a hixiene e a prevención sanitaria ou a lexislación sobre benestar animal. Así, este curso ten como obxectivo ofrecer aos alumnos os coñecementos necesarios neste eido para que poidan desenvolver debidamente todas as tarefas relacionadas co transporte de animais.

A acción está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Nesta páxina pódense descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico maria.estrella.rodriguez.rodriguez@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982889102.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...