HomesociedadeO IES A Pinguela de estrea

O IES A Pinguela de estrea

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade rematou as obras de ampliación e reforma que se desenvolveron no Instituto de Educación Secundaria (IES) A Pinguela, en Monforte de Lemos, ás que destinou preto de 230.000 euros de investimento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras consistiron na construción dunha nova aula no edificio de talleres, dous vestiarios anexos ao pavillón, un baño accesible, un pequeno despacho e unha sala de instalacións. Ademais, executouse unha soleira de formigón de acceso entre a entrada traseira do recinto e o edificio do comedor.

Ampliar o inmoble que acolle os talleres supuxo executar un forxado a dobre altura, a apertura de fiestras nunha das fachadas para iluminar e ventilar, e a redistribución dos tabiques da planta superior para incorporar o acceso á nova aula, entre outros traballos.

Incluíronse outras reformas neste espazo, mudando a carpintería e a fiestra da outra fachada e cubrindo o patio anexo cunha cuberta lixeira e estrutura a base de perfís metálicos.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este mércores as novas instalacións que, afirmou, “modernizan e dan resposta ás necesidades do centro”. Neste sentido, lembrou que no pasado curso incorporáronse dous novos ciclos de FP dual á oferta educativa: o superior de Estilismo e dirección de peiteado e o medio de Calzado e complementos de moda.

ÚLTIMAS

60.000€ e un mes de prazo de execución para a renovación dos paseos do Parque Doutor López Suárez en Monforte

O Parque Doctor López Suárez está situado na rúa do mesmo nome, no entorno...

Ao rematar as melloras da N-540 en Calde seguirase no tramo entre Chantada e Carballedo

Olimpia López supervisa en Calde as actuacións na N-540 dentro do plan de mellora...

O 7 de marzo comeza na Ribeira Sacra o XVIII Estase Cocendo

Como viña sendo habitual, o público poderá degustar o cocido do Estase Cocendo en...

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...