HomesociedadeO IES A Pinguela de estrea

O IES A Pinguela de estrea

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade rematou as obras de ampliación e reforma que se desenvolveron no Instituto de Educación Secundaria (IES) A Pinguela, en Monforte de Lemos, ás que destinou preto de 230.000 euros de investimento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras consistiron na construción dunha nova aula no edificio de talleres, dous vestiarios anexos ao pavillón, un baño accesible, un pequeno despacho e unha sala de instalacións. Ademais, executouse unha soleira de formigón de acceso entre a entrada traseira do recinto e o edificio do comedor.

Ampliar o inmoble que acolle os talleres supuxo executar un forxado a dobre altura, a apertura de fiestras nunha das fachadas para iluminar e ventilar, e a redistribución dos tabiques da planta superior para incorporar o acceso á nova aula, entre outros traballos.

Incluíronse outras reformas neste espazo, mudando a carpintería e a fiestra da outra fachada e cubrindo o patio anexo cunha cuberta lixeira e estrutura a base de perfís metálicos.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este mércores as novas instalacións que, afirmou, “modernizan e dan resposta ás necesidades do centro”. Neste sentido, lembrou que no pasado curso incorporáronse dous novos ciclos de FP dual á oferta educativa: o superior de Estilismo e dirección de peiteado e o medio de Calzado e complementos de moda.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...