HomesociedadeUn mes de desvío alternativo por Escairón na vía de altas prestacións...

Un mes de desvío alternativo por Escairón na vía de altas prestacións que une Monforte e Chantada

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou este xoves a marcha das obras de mellora do firme en 12 quilómetros da vía de altas prestacións CG 2.1, que une Monforte de Lemos co Alto do Faro. Explicou que os traballos avanzan a bo ritmo e que se está a aproveitar o clima favorable para axilizar a actuación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Actualmente estase a traballar no estendido da nova capa de rodadura no treito do corredor obxecto da mellora, que discorre polos concellos do Saviñao, Pantón e Monforte. As tarefas obrigan a cortar o tráfico por tramos e estanse a realizar en tres fases, nas que se habilita un desvío alternativo pola estrada LU-617 para minimizar a afección á circulación.

Neste momento as actuacións afectan ao tramo entre o punto quilométrico 16+500 e o enlace Escairón Este. Os traballos nesta parte da vía realízanse en dúas fases sucesivas e está previsto que rematen a finais da vindeira semana, sempre que as circunstancias meteorolóxicas sexan propicias. Na terceira e última fase, o corte realizarase entre o enlace Escairón Este e o punto quilométrico 4+800, cunha duración prevista de dúas semanas, o tempo estimado para realizar os traballos neste treito.

Arias explicou que posteriormente se rehabilitará o firme en 10 quilómetros da estrada LU-533 entre Chantada e Escairón, unha intervención incluída neste mesmo contrato, no que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste 2 millóns de euros. Ambas actuacións de acondicionamento do firme, cun prazo de execución estimado de seis meses.

Estas obras enmárcanse no Plan de reforzo de firmes da provincia de Lugo e contribuirán a mellorar a seguridade nun importante nó de comunicacións para os veciños das comarcas do Sur de Lugo, destacou Arias.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...