HomesociedadeXornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra do...

Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra do 15 ao 17 de outubro

Contarase con visitas guiadas e de balde ás adegas: Adega Vella, Abadía da Cova, Amedo, Bodega Ribada, Rectoral de Amandi, Casa Moreiras, Condado de Sequeiras, Ponte da Boga, Proencia, Ronsel do Sil e Vía Romana. Ao finalizar as visitas ofreceranse degustacións de viños. Rutas, Bus do Viño, catas, visitas e aloxamentos e restaurantes con descontos completan a fin de semana de Portas Abertas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesa fin de semana contarase co Bus do Viño, con 4 saídas o sábado pola mañá, unha do Parque dos Condes de Monforte, dúas da Estación de Ferrocarril de Ourense e unha da Praza da Bretaña en Lugo. O día 17 haberá un Bus do Viño con saída de Monforte e outro desde Ourense. A actividade ten un custo de 10 €/adult@ – 5 €/nen@ (de 3 a13 anos). O xantar non está incluído. As prazas son limitadas recomendando reserva previa en www.enoturismoengalicia.com.

Organízanse tamén rutas:

  • Ruta do Románico en Sober, con saída o día 16 ás 10.00 dende a Oficina de Turismo de Sober. Visita a pé pola parroquia de Proendos. Ruta circular de 3 quilómetros, de dificultade baixa. A actividade é gratuíta e non inclúe transporte.
  • Ruta entre oliveiras da Ribeira Sacra, con saída o día 16 ás 9.00 do aparcadoiro do parque dos Condes. O prezo é de 10 € / persoa con guía acompañante e transporte incluídos, para visitar as oliveiras e a almazara de Aceiroga, o muíño de aceite de Bendilló e o Museo Etnográfico de Quiroga. Farase unha degustación de aceites acompañados de queixos da D.O.P. Arzúa-Ulloa e diferentes elaboracións de pans.
  • Entre viños e pinchos, con saída o día 16 ás 18.00 do aparcadoiro do Parque dos Condes. A actividade, que ten un prezo de 10€/persoa, conta con guía acompañante e transporte incluídos para visitar adegas Amedo en Chantada e Casa Moreiras en Pantón. Inclúese tamén a degustación de dous pinchos no restaurante O Grelo de Monforte de Lemos.
  • Ruta entre sendeiros do Cabo do Mundo, con saída o día 17 ás 9.00 do aparcadoiro do Parque dos Condes. A actividade ten un prezo de 20€/persoa para coñecer a Ruta de sendeirismo PR-G 162 Ribeira Sacra do Miño, un tramo de 8 quilómetros cunha dificultade media/baixa. Inclúe visita á adega Abadía da Cova con degustación de tres viños, ruta en lancha polo río Miño con outra degustación de pinchos e viños, guía acompañante e transporte.

As 10 Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra contan tamén con descontos nas visitas ao Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra, ao Ecomuseo de Arxeriz e ao Museo Etnográfico de Quiroga. Ademais de rutas guiadas en Segway con Enoturismo Galicia no miradoiro de Soutochao, contarase con cata maridaxe, o venres, 15 de outubro, a partir das 19.00 no Ecomuseo de Arxeriz. A actividade é gratuíta.

Para máis información: Tel.: 698 167 991 / rutavino@ribeirasacra.org

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...