HomesociedadeSober e Monforte abren o prazo de axudas para o transporte universitario

Sober e Monforte abren o prazo de axudas para o transporte universitario

No concello de Sober o prazo remata o 22 de outubro, no concello de Monforte, que este ano adica 20.000 euros a esta finalidade, remata o prazo o día 29.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pode optar a estas axudas para os gastos de transporte público ás distintas universidades o alumnado universitario empadroado nestes concellos, así como o alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e Bacharelato que teñan que desprazarse fóra deles.

O Alcalde, José Tomé Roca, indica que “con esta liña de axudas, que incrementamos en 6.000 euros con respecto ó mesmo período do ano anterior, colabórase nos desprazamentos daqueles estudantes monfortinos que cursan estudos fóra do noso concello.” O Equipo de Goberno do Concello fixou a contía destas axudas en 20.000 €, para os gastos de transporte do curso 2021/2022. En relación co ámbito educativo, o Concello tamén dispuxo nas pasadas semanas unha liña de axudas de case 24.000 euros, para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario.

Para a determinación do importe da subvención, terase en conta a renda per cápita anual e a situación laboral dos membros da unidade familiar. En función destes criterios, cada solicitante poderá optar a axudas que van dende os 200 ata os 600 euros.

Estaa solicitudes deben de completarse coa seguinte documentación:

  1. Solicitude de axuda para o transporte para o que se pida a subvención
  2. Fotocopia do DNI do solicitante e do alumno no caso de que o alumno sexa menor de idade.
  3. Libro de Familia no caso de solicitarse a axuda para un menor de idade.
  4. Fotocopia de matrícula universitaria, matrícula do ciclo de formación ou bacharelato para o curso 2020/2021.
  5. Fotocopia da condición de discapacitado dos membros da unidade familiar, recoñecidos pola administración competente, de ser o caso.
  6. Certificado de Empadroamento colectivo da unidade familiar.
  7. Fotocopiada declaración da renda correspondente ao exercicio 2019 dos membros da unidade familiar que estivesen obrigados a iso, ou na súa falta, certificación negativa de non realizar dita declaración expedida pola Delegación de Facenda.
  8. No caso de que existise situación de desemprego, certificación de alta como desempregado expedida polo organismo competente e se se estivese recibindo unha pensión en calquera das súas modalidades (xubilación, viuvez, invalidez, etc.), certificación expedida pola Tesouraría da Seguridade Social.
  9. Declaración xurada do solicitante de que se atopa ao corrente nas obrigas tributarias (Administración Estatal, Autonómica e Local) e da Seguridade Social.
  10. Certificado dos datos bancarios do beneficiario (expedido pola entidade bancaria).

Concello de Sober

No concello de Sober os trámites para solicitar as becas poderán levarse a cabo no Concello ou na Oficina de Información Xuvenil de Sober.

A documentación que se debe achegar é un certificado de matrícula na Universidade correspondente, o certificado de número de conta bancaria e o certificado de empadroamento.

O rexedor animou a todos os alumnos e alumnas nados en Sober que estean cursando nestes momentos estudos universitarios a optar as becas de axuda ao transporte “que supoñen unha achega máis para axudar aos nosos mozos e mozas a continuar cos seus estudos”, indicou.

ÚLTIMAS

Chantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5 de novembro ás 20:30h

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase este venres, 5 de decembro, ás 20:30h....

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...