HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra supera o ecuador da vendima

A D.O. Ribeira Sacra supera o ecuador da vendima

A data 30 de setembro recolléronse na D.O. Ribeira Sacra 3.532.304 quilos de uva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Das 97 adegas acollidas á Denominación que vendiman nesta campaña, 27 xa completaron os traballos, 62 están vendimando, 6 aínda non comezaron e 2 téñena paralizada.

A data 30 de setembro recolléronse na D.O. Ribeira Sacra 3.532.304 quilos de uva. Na pasada campaña roldábase esta cifra o 24 de setembro, cando se tiñan recolleito 3.496.411 quilos, aínda que entón, 35 adegas estaban vendimando e este ano o dobre de adegas aínda están por finalizar. Por variedades os quilos recolleitos distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 2.676.265 kilos
  • Garnacha 94.506 kilos
  • Merenzao 56.963 kilos
  • Brancellao 22.740 kilos
  • Caíño tinto 18.772 kilos
  • Tempranillo 12.542 kilos
  • Sousón 8.394 kilos
  • Mouratón 3.986 kilos

  Variedades brancas

  • Godello 500.956 kilos
  • Albariño 89.099 kilos
  • Treixadura 33.990 kilos
  • Dona Branca 5.571 kilos
  • Branco Lexítimo 4.319 kilos
  • Loureira 2.403 kilos
  • Torrontés 1.798 kilos

A uva segue tendo un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid19.

ÚLTIMAS

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...