Homesociedade70.000 euros na fachada do IES Daviña Rey

70.000 euros na fachada do IES Daviña Rey

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade está a renovar as carpinterías da fachada do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte de Lemos, cun orzamento de máis de 70.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A substitución das carpinterías por outras máis illantes supón un paso importante de cara a conseguir un notable aforro no consumo enerxético e mellorar as condicións de confortabilidade; actualmente estanse a cambiar as das plantas primeira e segunda, que suman máis dunha trintena.

No centro xa se renovaran con anterioridade as ventás da planta baixa, onde se atopa o salón de actos, entre outros espazos; instálanse novas carpinterías con illamento térmico e vidro baixo emisivo e tamén se cambian as persianas.

O Delegado Territorial subliñou que “o investimento da Xunta nos centros educativos públicos é constante, na procura das mellores instalacións para a docencia e a convivencia”. Neste sentido, lembrou que o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia extrae ensinanzas da crise sanitaria para apostar por unhas instalacións mellor acondicionadas, máis sustentables e confortables, e implicadas coa educación dixital e as novas metodoloxías de ensino.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...