HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra entra na recta final da vendima con máis...

A D.O. Ribeira Sacra entra na recta final da vendima con máis de 5 millóns de quilos

A data 3 de outubro recolléronse na D.O. Ribeira Sacra 5.023.114 quilos de uva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois da primeira fin de semana de outubro, das 97 adegas acollidas á Denominación que vendiman nesta campaña, 43 xa completaron os traballos, 46 están vendimando, 4 téñena paralizada e unicamente faltan 4 adegas por iniciar a recollida.

A data 3 de outubro recolléronse na D.O. Ribeira Sacra 5.023.114 quilos de uva. Na pasada campaña superábanse os 5 millóns de quilos con data 30 de setembro. Nesa data das 92 adegas que vendimaron no 2020, 12 adegas aínda estaban vendimando e as 80 restantes xa finalizaran os traballos.

Por variedades os quilos recolleitos distribúense do seguinte modo:
Variedades tintas

  • Mencía 3.981.265 kilos
  • Garnacha 183.459 kilos
  • Merenzao 57.359 kilos
  • Sousón 31.584 kilos
  • Brancellao 30.189 kilos
  • Caíño tinto 25.215 kilos
  • Tempranillo 22.641 kilos
  • Mouratón 6.763 kilos
  • Grao Negro 57 Kilos

  Variedades brancas

  • Godello 536.516 kilos
  • Albariño 94.165 kilos
  • Treixadura 38.534 kilos
  • Dona Branca 5.769 kilos
  • Blanco Legítimo 4.614 kilos
  • Loureira 3.186 kilos
  • Torrontés 1.798 kilos

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...