HomesociedadeA Deputación inviste 220.000 euros na mellora da estrada de Sober a...

A Deputación inviste 220.000 euros na mellora da estrada de Sober a Doade

A Deputación inviste 100.000€ nestes traballos, que se desenvolven entre os puntos quilométricos 13 e 13,740, e vén de adxudicar novas obras por preto de 120.000€ no seguinte quilómetro da estrada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial está executando na estrada provincial LU-P-5903, que conecta Sober e Doade un investimento de 100.000€ para renovar o treito comprendido entre os puntos quilométricos 13 e 13,740, e aos que dará continuidade con novas obras que vén de adxudicar por outros case 120.000€ para actuar no seguinte quilómetro. Polo tanto, o investimento total da Deputación nesta estrada alcanza os 220.000€, entre o proxecto que está en marcha e o recén adxudicado.

Con respecto ao proxecto que se está acometendo, este luns desenvolvéronse os labores de aglomerado en quente, logo de que xa quedaran rematados os traballos de ampliación da plataforma ata conseguir unha anchura de 5,5 metros e se fixeran as tarefas de drenaxe necesarias. Agora renovarase a sinalización horizontal co fin de reforzar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios e usuarias. A previsión é que quede rematada nas vindeiras semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

José Tomé subliñou que “non só beneficiamos con esta actuación a centos de veciños e veciñas de Sober, senón tamén a numerosos visitantes que empregan esta estrada para coñecer a comarca da Ribeira Sacra, os miradoiros e as adegas”.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...