HomesociedadeMáis de medio millón de euros para o Centro da Seguridade Social...

Máis de medio millón de euros para o Centro da Seguridade Social de Monforte

O Goberno saca a licitación a reforma integral do centro da Seguridade Social de Monforte de Lemos. O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións destina 545.000 euros á remodelación dun centro que dá servizo a 55.000 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con esta obra preténdese remodelar e acondicionar de forma integral o centro de atención ao público de Monforte, situado na rúa San Pedro, número 4, que nunca fora reformado desde a súa apertura hai 31 anos, polo que as dependencias están deterioradas e teñen problemas de humidades.

Esta actuación conseguirá dar ás oficinas unha imaxe clara, accesible e ordenada, mellorando unhas instalacións obsoletas e conseguindo un mellor aproveitamento dos máis de 350 m2 dos que dispón, redistribuíndo zonas de traballo e de espera do público, ademais de aumentar a luminosidade e a eficiencia enerxética do edificio.

A Seguridade Social dá servizo nas súas dependencias de Monforte de Lemos a unha poboación potencial de máis de 55.000 persoas das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga. No que vai de ano, leva atendidas 6.434 persoas na modalidade presencial e a case 2.000 máis en modalidade telefónica.

Seguridade Social Monforte / Subdelegación do Goberno

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, lembrou que a licitación deste proxecto supón o cumprimento dun compromiso con Monforte feito durante unha visita que realizaron ás instalacións a subdelegada e o director provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude, xunto co alcalde, José Tomé.

O director provincial da Seguridade Social explicou que se trata dunha intervención necesaria para mellorar o estado dunhas dependencias que non foran obxecto de ningunha obra dese a súa apertura en 1990 e anunciou que as empresas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o día 24 de outubro.

O director provincial do INSS tamén destacou que a provincia de Lugo é na que se rexistra menor tempo de espera para a concesión de citas de todo o país, e lembra que dispoñen dun teléfono propio provincial, o 982 293300, que está a disposición dos cidadáns para a xestión de citas e atención personalizada por persoal especializado.

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...